domingo, 1 de mayo de 2011

de la PROCLAMA SALVAXE

Os poetas somos mal vistos, non somos ben recibidos nos campos de batalla, nin nas oficinas de luz estridente onde se fragua a morte e a miseria, volvémonos axitadores de almas, proclamamos unha fe sen deuses nin tribunos, onde pai, patria e patron son palabras rebentadas fai tempo polo exercicio da forza e a opresion. Izamos sobre os vertedoiros fumarentos as bandeiras de fume dos fogares de la, somos unha poblacion nomada que habitamos o mundo e facemos lume soprando as ascuas das voces antigas, o futuro o deletreamos na punta de todas as linguas, e facemos do Esquecemento un territorio fertil onde a festa dos homes e mejeres libres fai sinais desde a noite dos tempos.
Os poetas somos os chamanes da tribo, os intermediarios entre as cousas, entre o pan e o misterio da vida e todos os seres humanos,
traducimos o silencio do mundo e dámoslle a palabra aos arboles e ás feras, aos desposeidos e ás raparigas en flor, aos mortos e aos que regresan, aos que chegan e aos derrotados.
A unica tribo que recoñecemos é a da dignidade e o respecto, a da igualdade e a sabiduria de sabernos seres transitivos, de efimeras eternidades, unha tribo na cal a palabra é a colleita de todo o vivido e de todos os soños, asi sentimos comoseres xenerosos que debuxamos o futuro coa delicadeza das nais, e non coa sanguenta rendibilidade dos especuladores, coa cruenta inutilidade dos asasinos.
Esiximos que nos deixen en paz, que nos deixen en paz e que non nos quiten o pan da boca, ese pan que cada dia con maior frecuencia soa a duros disparos: pan pan duro comoun tiro entre os dentes desnutridos.
Estamo fartos de fame, de impotencia, de noxo, e iso é malo, non é bo que mulleres e homes sexan dobrados sobre a luz insacible da miserable abundancia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario